domingo, 9 de xuño de 2019

Atletismo

Ola a todos e a todas!

Hoxe veño contar que deporte practico.

Como xa veríades no título, o deporte que eu practico é o atletismo. Este é un deporte individual, aínda que ten algunha proba que se realiza en equipo, como é o caso dos relevos.

Eu comencei cando ía en infantil, e todavía sigo aquí, no meu clube. É o Atletismo Barbanza. 

Cando era benxamín de segundo gañei o meu primeiro galego na proba de 500m. E quedei terceira na lonxitude. E ao ano seguinte non puiden competir porque rompera un brazo.

Ao ser alevín de segundo ano, volvín a gañar en Vigo o galego en 500m, estaba moi contenta.

Estos últimos anos non puiden competir moito aínda que eu quería, porque estiven lesionada. Pero onte o meu equipo de relevos e eu batimos o récord galego de todo ano, clasificandonos así para o galego na proba de relevos. As miás compañeiras son: Eva Fernández, Antía Alcalde e Lorena Saborido.

Facer deporte é moi importante, sexa o deporte que sexa. Así que anímovos a que practiquedes deporte!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cousas que facer cando te aburres

Ola a todos e a todas de novo! Hai montóns de cousas que podes facer cando estar aburrido. Aquí vos deixo algunhas das cousas que eu fago...